Entradas

Charla dinoseto

Imagen
Dinoseto será o responsable, a través dunhas unidades didácticas e dunha unidade móbil, de mostrarlle aos nenos de segundo, terceiro e cuarto de primaria, as principais claves da reciclaxe e da limpeza. A campaña conta cunha unidade móbil, con Dinoseto como protagonista, que viaxou pola mañá ao colexio Bouza Brey. Unha vez no colexio, persoal da campaña explica a importancia da reciclaxe nos colectores correspondentes (amarelo, azul, verde, pilas e lixo orgánico) e dá consellos para manter limpa a cidade, tales como non tirar desperdicios na vía pública, empregar as papeleiras públicas ou depositar a bolsa de lixo no interior dos colectores, entre outros. FOTOS